Club de Debate IES Melide
miércoles, 29 de abril de 2020
jueves, 9 de junio de 2016
OS REFUXIADOS SIRIOS
Esta semana tivo lugar o debate “Os refuxiados sirios”, no que difentes
grupos de alumnado defenderon o punto de
vista dos distintos actores deste
conflito. Foi o resultado dun amplo
traballo de investigación levado a cabo polo alumnado de 4º de ESO.
Podedes ver o resultado na ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=6YOAJoLYgpo
Podedes ver o resultado na ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=6YOAJoLYgpo
jueves, 12 de mayo de 2016
COINCIDEN O PROGRESO CIENTÍFICO E TECNOLÓXICO CO PROGRESO HUMANO?
Nesta ocasión, alumnado de 1º de
Bacharelato tivo ocasión de debater acerca do tema “Coinciden o progreso científico e tecnolóxico co progreso humano?”.
Foi un debate tremendamente interesante, no que se trataron cuestións como as
seguintes: que entendemos por progreso humano?, influíu a aparición da ciencia,
a técnica e a tecnoloxía no progreso da humanidade?, houbo avances científicos
e tecnolóxicos que supoñan retrocesos para a humanidade?, os propios avances
científicos e tecnolóxicos inflúen no progreso humano, ou é o uso que facemos
deles?
lunes, 29 de febrero de 2016
A NOSA PARTICIPACIÓN NO PARLAMENTO XOVE
Este 26 e 27 de febreiro celebrouse
a fase preliminar de ESO do Parlamento
Xove, que tivo lugar no Centro Residencial Docente de A Coruña. O noso equipo estivo formado por Elvira Mazás, Iván Oro, David Sesar e
Cristina Simón (tod@s el@s de 4º de
ESO). A pesar de non lograr pasar á fase
final, tod@s el@s demostraron as súas grandes dotes de orador@s.
martes, 12 de enero de 2016
PREPARÁNDONOS PARA PARTICIPAR NO PARLAMENTO XOVE
Este curso participaremos na sexta edición do
Parlamento Xove. Un proxecto constituído por un conxunto de encontros
dialécticos que teñen por obxecto fomentar entre a mocidade o diálogo como
ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Trátase dunha
actividade na que diferentes equipos investigan, escriben e debaten acerca dun
tema proposto pola Organización. O tema de debate proposto pola organización do
PX´16 foi a seguinte: Determina o papel do/a profesor/a o futuro dos mozos e
mozas?
Así se preparan os nosos
representantes:
domingo, 29 de noviembre de 2015
XORNADAS DE "CAFÉ FILOSÓFICO"
Iniciamos esta andaina coa proposta de varias sesións de “filocafé” para celebrar o Día Mundial da Filosofía. Esta actividade está dirixida ao alumnado de Bacharelato, e ten como finalidade a discusión de diferentes temas desde unha perspectiva filosófica. Os temas, elixidos polo propio alumnado, foron os seguintes: “Os feminismos”, “O terrorismo yihadista”, e “Estannos a roubar a democracia ou temos a democracia que nos merecemos?”.
Foron sesións moi fructíferas nas que surxiron preguntas e reflexións como as seguintes:
"Os feminismos": hai diferentes tipos de feminismo?; feminismo e educación; feminismo e dereito; o discurso sobre as mulleres nos medios de comunicación; o amor romántico como arma de
submisión; a violencia de xénero...
"Terrorismo yihadista": cal é a súa base ideolóxica?, como se alimenta?; son adecuadas as medidas que se toman para resolver este problema?; é posible combater o terror sen armas?; son sospeitosos todos os musulmáns?...
“Estannos a roubar a democracia ou temos a democracia que nos merecemos?”: deberiamos superar a democracia reprresentativa?; sería imposible unha democracia directa?; é unha utopía esperar políticos honestos?; etc.
FIILOCAFÉ by Slidely Slideshow
Suscribirse a:
Entradas (Atom)