Iniciamos esta andaina coa proposta de varias sesións de “filocafé” para celebrar o Día Mundial da Filosofía. Esta actividade está dirixida ao alumnado de Bacharelato, e ten como finalidade a discusión de diferentes temas desde unha perspectiva filosófica. Os temas, elixidos polo propio alumnado, foron os seguintes: “Os feminismos”, “O terrorismo yihadista”, e “Estannos a roubar a democracia ou temos a democracia que nos merecemos?”.
Foron sesións moi fructíferas nas que surxiron preguntas e reflexións como as seguintes:
"Os feminismos": hai diferentes tipos de feminismo?; feminismo e educación; feminismo e dereito; o discurso sobre as mulleres nos medios de comunicación; o amor romántico como arma de
submisión; a violencia de xénero...
"Terrorismo yihadista": cal é a súa base ideolóxica?, como se alimenta?; son adecuadas as medidas que se toman para resolver este problema?; é posible combater o terror sen armas?; son sospeitosos todos os musulmáns?...
“Estannos a roubar a democracia ou temos a democracia que nos merecemos?”: deberiamos superar a democracia reprresentativa?; sería imposible unha democracia directa?; é unha utopía esperar políticos honestos?; etc.
FIILOCAFÉ by Slidely Slideshow
No hay comentarios:
Publicar un comentario